CAST | GAL

Vixésimo terceira edición (2019-2020)

Os Camiños de Santiago, eixo de Voz Natura no próximo curso

 
Se algo identifica agora mesmo a Galicia no mundo enteiro, iso é o Camiño de Santiago, que se converteu nunha auténtica marca que inclúe a varios itinerarios que conflúen en Compostela. E Voz Natura non pode permanecer  insensible a iso. De maneira que o próximo curso, o 2020-2021 e que por tanto desenvólvese en boa parte en Ano Santo, a edición número 24 irá dedicada á protección e recuperación da contorna natural do Camiño de Santiago.

E como sempre, hai campo para a liberdade: non necesariamente os participantes teñen que presentar proxectos referentes ao roteiro xacobeo, senón que o Comité Científico de Voz Natura valora todos e cada un dos que recibe, e decide en función do adecuados que son ao momento e lugar.  

O desafío é pensar desde o centro nun proxecto de acción directa que mellore o estado dos ecosistemas ou do patrimonio etnográfico, e que ao mesmo tempo promova a concienciación da comunidade educativa, dos veciños e dos propios peregrinos sobre a necesidade, imperiosa, de preservar os Camiños de Santiago para as xeracións futuras.

As bases concretas publicaranse na web (www.voznatura.es), pero a primeira dúbida queda resolta agora: poden participar en Voz Natura todos os centros educativos e asociacións, atópense ou non nas proximidades dalgún dos Camiños (engadido: as inscricións realizaranse a través da web, onde xa está colgado un moi sinxelo formulario que non se poderá enviar ata o próximo día 1 de febreiro). A segunda, tamén: hai moito prazo por diante -pecharase o 15 de marzo- pero sempre é mellor non deixar as cousas para última hora. 

Despois entrará en acción o Comité Cientifico, que analizará e avaliará todas e cada unha das propostas, así como está entre as súas misións cuantificar que axuda económica vai achegar Voz Natura a cada solicitante co fin de que poida desenvolver a súa iniciativa.

É este, por tanto, o momento en que toda Galicia presente as súas propostas para o próximo curso. Centos de miles de persoas agradecerano, porque centos de miles son os peregrinos que espera recibir a compostelá praza do Obradoiro.