CAST | GAL

Vixésimo terceira edición (2019-2020)

‹‹Navegando››, o proxecto de reciclaxe de plásticos inspirado en artistas de todo o mundo

 
O CPR Jorge Juan de Xubia-Narón aproveita a proposta temática do programa Voz Natura para o curso 2019/2020 participando cun proxecto centrado en actividades relacionadas coa eliminación dos plásticos chamado #senplastiFICAR.

O punto de partida para o proxecto é a concepción dun gran barco que navegará polos océanos buscando e limpando os plásticos que vai atopando ao seu paso, polo que o centro está decorado cunha ambientación moi marítima.

Realizan un traballo por proxectos onde o alumnado, a través dun proxecto común interdisciplinar (Navegando), traballa contidos relacionados con diferentes países. Cada mes do curso, estudan un país e a unha dos seus artistas femininas máis relevantes facendo traballos que levarán a cabo con materiais plásticos reciclaxes. Os alumnos e alumnas terán que reciclar eses plásticos e levalos ao centro para realizar as súas manualidades e expoñer os seus traballos na entrada do colexio.

Os alumnos de educación infantil estudarán á escultora francesa Camille Claudel, os de primaria á bailarina rusa Anna Pavlova, á directora de cinema belga Agnés Varda, á fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson, á artista xaponesa Yayoi Kusama ou á arquitecta iraquí Zaha Hadid. Pola súa banda, os alumnos da ESO estudarán á pintora mexicana Frida Kahlo e á galega Maruja Mallo, á escritora Rosalía de Castro e á cantautora galega Sés.

Ademais levarán a cabo outras actuacións orientadas a reducir a produción e consumo de plásticos, ensinándolles a buscar alternativas. A proximidade do colexio á desembocadura do río Xuvia e ao Monte de Ancos, permítelles observar de preto o ecosistema do lugar e a súa evolución: as especies vexetais e animais e a intervención do ser humano. Neste aspecto, traballarán para aprender a valorar e respectar o medio natural e organizarán saídas para levar a cabo actividades de limpeza nas beiras do río Xuvia, a praia de Mugardos e no monte. Tamén tratarán de concienciar á sociedade sobre os efectos adversos que todo este lixo, buscando a colaboración de toda a comunidade escolar, veciños e institucións, Concello de Narón, etc.

Outra das campañas que puxeron en marcha é a de eliminar o consumo de botellas de plástico no centro por outras reutilizables e recuperaron a antiga fonte do patio.