CAST | GAL

Vixésimo terceira edición (2019-2020)

Chega o momento de recoller a colleita do plantado hai meses

 
Quen sementa recolle. E esa volta ao cole na que están inmersos todos os alumnos é unha oportunidade perfecta para iso. Recoller a colleita nos invernadoiros é recoller o premio sementado no curso anterior. É algo que os centros participantes no programa Voz Natura (o 90% deles con horto) coñecen perfectamente.

No CEIP de San Clodio (Lugo), por exemplo estiveron estes días facendo esa recollida. Ademais dos nenos tamén participaron as familias. Pola súa banda, o CEIP Xosé Manuel  Folla  Respino (Ourense) márcase como obxectivos iniciarse nas tarefas agrícolas de traballo no horto e manipular elementos como a terra, auga e as sementes proporcionando unha experiencia enriquecedora. Con este proxecto, os alumnos poderán coñecer os ciclos biolóxicos das plantas e as estacións ademais de recoñecer e empregar as ferramentas e útiles propios do traballo no horto. Así mesmo, ao recoller a colleita  utilizan os seus tomates, berenxenas, pementos ou leitugas para o comedor escolar.

Outro exemplo destacable é o de de o CRA de Teo (A Coruña). Nesta escola rural, os veciños vixían que ningún peregrino do Camiño de Santiago teña a tentación de levar unha dos amorodos cultivados polos pequenos de Teo. Involucrar ás familias e veciños é un costume dos centros que teñen horto escolar para labores como regar, por exemplo, que no verán se fan máis difíciles. 

Á marxe dos centros escolares, Voz Natura tamén colabora coa Asociación de loita contra a droga Alborada (Pontevedra). Alí ofrecen cursos de iniciación á agricultura ecolóxica para colectivos en risco de exclusión. Ademais de poder cultivar produtos perecedoiros como froitas ou verduras, necesarios para unha boa alimentación e que normalmente non se poden permitir os seus usuarios, ofrecen a posibilidade de traballar nunha contorna terapéutica. Ao contacto coa natureza, hai que sumar a proxección de futuro e de integrarse nalgún proxecto de horto urbano, que cada vez son máis frecuentes nas diferentes cidades galegas.