CAST | GAL

Vixésimo terceira edición (2019-2020)

Vixésimo terceira edición (2019-2020)

 
Un total de 375 centros educativos e asociacións participan nesta 23.ª edición de Voz Natura. Son miles de nenos, novos e profesores repartidos polas catro provincias galegas que incluíron o coidado ambiental nas súas axendas. Desde setembro ata xuño coidan os ecosistemas,  reforestan, limpan praias e ríos, cultivan hortos e crean xardíns... Unha infinidade de actividades coas que se converten no mellor exemplo para as súas familias e comunidades mostrándolles todo o que se pode facer desde a escola por coidar a natureza.

O obxectivo principal deste curso é a erradicación dos plásticos de todos os ecosistemas. Os equipos realizan actividades orientadas a reducir a produción e consumo de plásticos, buscando alternativas máis sostibles e respectuosas co medio ambiente. Unha temática coa que Voz Natura quérese sumar ao imparable movemento a nivel mundial para combater os efectos prexudiciais dos plásticos na natureza.

Durante o curso escolar, o programa tamén ofrece distintas actividades ambientais que complementan os traballos que realizan os participantes.