Chandebrito simboliza as reforestacións das zonas incendiadas
A zona cero dos incendios forestais do 2017 converteuse onte, Día Mundial da Árbore, en símbolo de recuperación da catástrofe daquel 15 de outubro. Voz Natura, o programa de La Voz de Galicia desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, organizou co colexio Estudo, de Chandebrito (Nigrán), unha plantación para simbolizar todas as reforestacións que os centros que participan na presente edición estean a realizar ou as teñan previstas.
Máis de trescentos alumnos e profesores do colexio, situado a escasos metros do monte que ardeu en chamas, plantaron outros tantos exemplares de dezasete especies autóctonas e froiteiras. Entre hoxe e mañá esperan chegar aos 1.200.
Para facilitar as cousas aos máis pequenos, a comunidade de montes tiña todo a punto: preparación do terreo, alcorques, guías, proteccións e ferramentas. Os escolares non tiveron máis que remangarse e poñerse ao choio. Pepe, Saúl e Brócoli foron algúns dos nomes elixidos polos nenos para bautizar as árbores.

Non é a primeira vez que o centro dedica unha xornada a este tipo de actividades e a outras de carácter ambiental. De feito, os proxectos do colexio Estudo alzáronse o pasado curso co premio Voz Natura a nivel galego, mentres que o anterior lograron o provincial. Onte contaron coa axuda do colexio Balaídos de Vigo e con anterioridade pasaron outros centros de Galicia.
Aínda que a boa vontade da comunidade escolar e a de montes logrou que se planten 20.000 árbores en Chandebrito, esta cifra non é nada se se compara co millón que se perdeu na traxedia forestal, segundo lembra Víctor Vidal Otero, presidente dos comuneiros.
O entusiasmo que poñen os profesores na recuperación do medio ambiente é fundamental. «Desde que foron os incendios xa fixemos tres plantacións e outras actuacións de limpeza. Hai un mes recollemos doce pneumáticos e o ano pasado atopamos unha botella de lixivia de 1980», comenta Juan Ojea, coordinador do proxecto.
Da man do biólogo e docente do colexio Javier Gago, outros alumnos participan na colocación de trampas provistas de feromonas para acabar cun nematodo da madeira dos piñeiros, que os debilita ata acabar con eles.

Ao acto de onte asistiron membros de Voz Natura e o alcalde de Nigrán, Juan González.#FaiGaliciaVerde.