«Voz Natura é un referente en educación»
Ademais da súa actividade como docente no colexio Santa María del Mar, Susana Vázquez é a responsable dos blogues Voz Natura e do blogue mestre do programa (Blognatura). Trátase dunha das ferramentas craves deste programa de educación ambiental.
-Como xorde a súa colaboración con Voz Natura?
-No 2006, despois de que se concedese aos meus alumnos de 1.º de ESO do colexio Santa María del Mar o premio ao mellor blogue do curso polo Ollo Matemático, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre ofreceume coordinar os blogues de Prensa Escuela. Un ano máis tarde, o equipo de Voz Natura interesouse pola ferramenta e aceptei encantada a posibilidade de facer visible o excelente traballo en educación ambiental dos profesores e profesoras do proxecto.
-Como valora estes anos?
-Foi unha sorte poder aprender de e cos docentes de Voz Natura. Admiro como constrúen sólidas comunidades de aprendizaxe en ciencias, a súa capacidade de innovación, a xenerosidade que demostran compartindo as súas experiencias na blogosfera Voz Natura, o traballo entre departamentos didácticos, as horas extra que dedican aos proxectos, en definitiva, a paixón e o compromiso coa educación e, por suposto, o ter a oportunidade de coñecer e aprender de persoas como Machiño, a alma máter do proxecto.
-Que vantaxes teñen os blogues como ferramenta didáctica?
-Un blogue educativo é un lugar de construción social do coñecemento, e non só por parte do profesor ou profesora, senón polos alumnos e as súas familias. Como docente permíteche atender á diversidade do alumnado, contextualizar a aprendizaxe, levar a actualidade ás aulas, desenvolver o pensamento crítico e a capacidade de argumentar, ademais de ser unha ferramenta que permite abrir as portas da aula a toda a comunidade educativa. Como estudante permite ser parte activa no proceso de aprendizaxe, aprender a argumentar, co-avaliar e a valorar a importancia da autoría propia e a dos demais, entre outras cousas. Ás familias e ao resto da comunidade escolar permítelles poder participar en proxectos non só dándolle a un like, senón, por exemplo, compartindo refráns, receitas, entrevistas... Os blogues recollen moitas entrevistas a avós agricultores e mariñeiros, cantigas e receitas tradicionais.
-No blogue expón algúns dos traballos que realizan os centros. Hai algún que lle sorprendera ultimamente?
-Sorpréndenme sempre. A comunidade docente de Voz Natura, nos seus 20 anos de andaina, é un referente en educación ambiental. Os blogues integran proxectos interdisciplinares en estatística, de catalogación de patrimonio natural e inmaterial, verdadeiros museos da arte da reciclaxe, laboratorios de ciencia on- line, proxectos solidarios de adopción de animais, carreiras solidarias e ata un proxecto de horto escolar de varias escolas galegas con escolas africanas. É para sorprenderse, non? #FaiGaliciaVerde.