CAST | GAL

Vixésima primeira edición (2017-2018)

Naturacción defende o patrimonio etnográfico da Mariña lucense

 
Naturacción é un proxecto de Voz Natura baseado na protección do patrimonio etnográfico da Mariña lucense que se desenvolve con diferentes colexios da zona. Patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación, desenvólvese en varios centros con notable éxito.

É o caso do CEIP San Cosme de Barreiros, que traballa no seu invernadoiro feito con botellas de plástico recicladas e no seu horto exterior. A responsable do proxecto, Vanessa Belo, sinala que, ademais, este ano existe un proxecto que «busca recuperar lugares da zona». Entre outras cousas fixeron unha recolección de follas e castañas para plantar novas árbores. Ademais inclúese unha visita ao castro de Fazouro coa colaboración dun dos veciños do pobo, que servirá de guía, e un tramo do Camiño de Santiago que pasa por Barreiros. Inclúese tamén a limpeza de praias.

No IES María Sarmiento de Viveiro, os alumnos están a levar a cabo un proxecto de xeolocalización de fontes da zona. Trátase dun minucioso traballo de recuperación etnográfica que plasmarán nunha aplicación móbil xunto con fotografías e outra información relevante recollida de familiares e veciños.

Pola súa banda, desde o CEIP San Miguel de Reinante seguen cos traballos de horto e invernadoiro. Engaden, ademais, un traballo de campo con alumnos de catalogación dos pombais da zona. Para iso teñen que preguntar aos veciños os datos de cada un.

La identificación e recoñecemento dos lavadoiros de Ribadeo é o labor na que están involucrados no CPR Sacro Corazón de Jesús de Ribadeo. Unha vez teñan todo o material recompilado, os alumnos farán no centro unha exposición fotográfica.

No CPR Cervantes realizaron unha festa para recadar fondos para os afectados polos incendios forestais. Continúan co seu proxecto de horto urbano e a recuperación da área recreativa de Lagos de Teixeiro. 

Por último, o CEIP Antonio Pedrosa Latas, o EEI San Roque, o CEIP Santa Rita e o CEIP de Covas uníronse para a realización dun traballo monográfico que vira contorna á figura do  Maio. Pretenden recuperar esta tradición e todo o que significa. #FaiGaliciaVerde.