A escola infantil de Verducedo, gañadora do concurso de vídeos
O seu proxecto, centrado en fomentar o respecto e o agarimo pola natureza desde as idades temperás, foi seleccionado como o mellor.
O xurado do concurso de vídeos de Voz Natura, Así se coida a natureza!, realizado na páxina de Facebook do programa ambiental da Voz, decidiu que a produción gañadora desta edición sexa a da Escola Infantil de Verducedo, no concello pontevedrés de Moaña.