CAST | GAL

Vixésima edición (2016-2017)

Voz Natura lanza un curso sobre como executar e divulgar un traballo ambiental

 
Dentro das actividades organizadas con motivo o noso aniversario, Voz Natura pon en marcha un novo curso para profesores, no que os docentes serán formados en cuestións relacionadas co desenvolvemento e divulgación de proxectos educativos ambientais. As clases impartiranse os días 3, 4, 7 e 8 de novembro en Santiago, e serán totalmente gratuítas e homologables pola Consellería de Educación.

Nesta iniciativa poderán participar todos os docentes responsables de proxectos Voz Natura nos colexios de Galicia que están a participar actualmente en Voz Natura. O seminario terá unha duración total de dez horas e será impartido por Susana Vázquez Martínez, educadora e doutora en Didáctica das Ciencias, formadora de profesores e coordinadora dos blogues do programa Voz Natura.
 
Ao longo de catro sesións, os asistentes ao curso poderán aprender a deseñar, xestionar e divulgar un proxecto ambiental, achegándose ás ferramentas existentes para planificar actividades e recursos, ou traballos nas redes sociais e na comunidade educativa. Ademais, recibirán formación para a elaboración dunha memoria final na que plasmarán todo o apreso. 
 
Dez horas de clases participativas e eminentemente prácticas
As dez clases, que serán participativas e eminentemente prácticas, serán impartidas en horario de seis a nove da noite (os días 3 e 4 de novembro) e de seis a oito da tarde (o 7 e o 8) nas instalacións da Rede de Aulas Cemit en Santiago, situadas no edificio Cersia (cale Alcalde Raimundo López Pol).O número máximo de prazas ofrecidas para este seminario será de 25 participantes, e o prazo de inscrición xa está aberto.
 
Os docentes interesados en asistir a este curso poden inscribirse xa enviando un correo electrónico a voznatura@lavoz.es, no que deben achegar os seus datos persoais, empezando polo nome e apelidos do profesor, o seu DNI, o correo electrónico de contacto, o seu teléfono e o centro educativo ao que pertence. Ademais, na páxina web www.voznatura.es pódense consultar todos os datos e o programa completo do curso, que é homologable pola Consellería de Educación.