Séguelle a pista á actualidade ambiental
Voz Natura e Leite Celta proponche unha actividade para realizar cos teus alumnos, cos teus compañeiros de colexio ou cos teus fillos, na casa. Os participantes converteranse en improvisados investigadores ambientais que non deberán perder de vista os medios de comunicación para recompilar todas as informacións que afectan ao contorno.
O obxectivo é fomentar a lectura crítica e estimular a curiosidade dos nenos e mozos, á vez que se reforza o seu compromiso ambiental. Trátase de coñecer as novidades relativas á natureza, como un vehículo para implicarse na súa protección.
Para pór en marcha esta iniciativa, Voz Natura e Leite Celta facilitaron aos centros os instrumentos necesarios e unha proposta de actividades. En primeiro lugar, recibiron un ou varios grandes taboleiros de anuncios, en función do número de alumnos. Ademais, ofrécense diversos carteis para organizar a información recompilada.
Se non participas en Voz Natura co teu colexio, pero queres converterte nun fiel seguidor da actualidade ambiental podes descargar aquí as instrucións desta actividade e os carteis para clasificar as noticias:
A partir de agora, non tes escusa para non fixarte nas noticias ambientais!