Pásate á compostaxe doméstica con Voz Natura e Sogama!
Se queres dar un paso máis no tratamento ecolóxico do lixo que produces na túa casa ou no teu centro escolar, animámoste a pasarte á autocompostaxe dos residuos orgánicos.
A consellería de Medio Ambiente e Sogama desenvolveron unha experiencia piloto con éxito en catro concellos do Ribeiro. Ás familias participantes ofrecéuselles un composteiro, guías para a elaboración do compost e, ata, actividades formativas. Agora, a campaña estenderase a outros concellos e aos centros Voz Natura.
Os 230 colexios e institutos participantes en Voz Natura recibiron un composteiro, carteis e material didáctico para pasarse definitivamente a este sistema de tratamento dos residuos orgánicos. Os restos das merendas e do comedor, de pódas... converteranse agora en compost que poderán utilizar como abono para os seus hortos e plantacións.
Ademais, os profesores de centros Voz Natura e coordinadores de proxectos participaron nunha XORNADA FORMATIVA en Santiago de Compostela o venres 25, cun completo PROGRAMA.
Ofrecémosche aquí diversos recursos con información sobre a compostaxe:
- Manual de compostaxe doméstica (elaborado por Manuel Soto, profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña, e Ramsés Pérez, responsable de Educación Ambiental de ADEGA)
- Artigo sobre autocompostaxe na revista AMBIENTA, do Ministerio de Medio Ambiente