CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

Volven os eco-retos de Voz Natura, que variarán todos os meses do curso


O curso empeza a coller velocidade de cruceiro. Eses primeiros días de irse coñecendo (alumnos a profesores e profesores a alumnos) e de practicamente repasar contidos do ano anterior van deixando paso ao traballo diario con temas, leccións, proxectos, plans, datas (exames e avaliacións aínda non, por sorte) e ideas. Pasa en todos os centros e algo similar pasa tamén na Fundación Santiago Rey-Fernández Latorre, desde onde se coordina Voz Natura, unha iniciativa de La Voz de Galicia que conta co apoio e respaldo da Xunta, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El  Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex. 

Así que uns antes e outros despois, os 379 centros educativos e asociacións participantes van poñer ao choio con Voz Natura, e iso inclúe acometer os eco-retos, que teñen como obxectivo visibilizar as accións ambientais deses participantes, sempre impulsando a acción e concienciación ambiental. Como se comentaba nunha recente reunión de traballo na Fundación, «queremos que realicen e compartan os seus logros de recuperación e defensa da natureza». Más alto é posible, máis claro non.

Por conseguinte, cada mes propoñerase un eco-reto co fin de levar a cabo acciones de recuperación ou defensa ambiental no colexio, no instituto, na casa de cada cal, con amigos ou con grupos de voluntarios. Os participantes farán fotos ou vídeos curtos (nunca máis dun minuto) que deberán subir ás súas redes sociais engadindo o hashtag #AccionVozNatura e o hashtag de cada mes. Xa o lembraremos, pero non hai que esquecer o etiquetar cada foto ou vídeo con @voznatura.

E cales serán eses eco-retos?
Obviamente, a ninguén se lle escapa que se vincularán coa temática desta 28 edición, que é o coñecemento e uso da ciencia e o método científico para protexer o medio ambiente.

Concretando máis, serán os seguintes: protexemos, #retoprotegemos (ciencia para protexer o medio ambiente) no mes que empeza mañá; investigamos, #retoinvestigamos (novembro); reutilizamos, #retoreutilizamos (decembro); divulgamos, #retodivulgamos (xaneiro), inventamos, #retoinventamos (febreiro); plantamos, #retoplantamos (marzo); concienciamos, #retoconcienciamos (abril); preservamos, #retopreservamos (ríos, montes, praias, biodiversidade, hábitats…) en maio; e presumimos, #retopresumimos (dos obxectivos e resultados conseguidos) en xuño.