ECO-RETOS VOZ NATURA
Animámosvos a seguir realizando actividades ambientais para promover a acción e a concienciación ambiental.
Como?
Mostrando en redes sociais o que estades a facer para protexer o medio ambiente... Que é moito!
Cada mes, propoñerémosvos un eco-reto para realizar accións de recuperación ou defensa ambiental no cole, en casa, con amigos etc. Cando o consigades, sacades unha foto ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o hashtag #AccionVozNatura e o hashtag de cada mes. E... Non vos esquezades de etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades!
No mes de novembro, o reto é: investigamos para protexer o medio ambiente e preservar a nosa empobrecida biodiversidade, loitar contra o cambio climático, evitar a destrución de hábitats e usar as ferramentas da ciencia para preservar os nosos ecosistemas. Hashtag: #RetoInvestigamos.
É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ás vosas redes sociais, ao longo do mes de novembro, debedes engadir: #AccionVozNatura #RetoInvestigamos (ademais de etiquetarnos con: @voznatura).
E, para que poidades planificar as vosas accións ambientais da presente 28.ª edición Voz Natura, adiantámosvos os retos dos próximos meses:
◦ Decembro: Reutilizamos. #RetoReutilizamos
◦ Xaneiro: Divulgamos. #RetoDivulgamos
◦ Febreiro: Inventamos Enerxía. #RetoInventamos
◦ Marzo: Plantamos. #RetoPlantamos
◦ Abril: Concienciamos (ideas para protexer a Terra). #RetoConcienciamos
◦ Maio: Preservamos. #RetoPreservamos (ríos, montes, praias, biodiversidade, hábitats…)
◦ Xuño: Presumimos (despois do traballo durante o curso, presumimos dos resultados). #RetoPresumimos
Comparte os teus logros ambientais!