ECO-RETOS VOZ NATURA
Continuamos con esta actividade, posta en marcha na pasada edición, co obxectivo de seguir impulsando a acción e concienciación ambiental.
Neste mes de xuño, o reto é: Presumimos de todo o que levamos feito durante o curso e mostrámolo ao mundo a través das redes sociais. Hashtag: #RetoPresumimos.
É dicir, todas as fotos, vídeos e contidos compartidos nas vosas redes sociais ao longo do mes, deben ir acompañados dos hashtags #AccionVozNatura y #RetoPresumimos (ademais de etiquetarnos con: @voznatura).
Co reto deste mes pechamos o ciclo de eco-retos da 26.ª edición de Voz Natura: #RetoResponsables, #RetoInvestigamos, #RetoReutilizamos, #RetoDivulgamos, #RetoAforramos, #RetoPlantamos, #RetoConcienciamos, #RetoReciclamos
Foi unha experiencia enriquecedora compartir os nosos logros ambientais!