CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

De ruta polo Courel


Os alumnos e alumnas do CPR María Auxiliadora - Salesianos - de Ourense realizaron un roteiro didáctico polas montañas do Courel para descubrir a súa diversidade xeolóxica e a riqueza dos seus bosques. A Devesa da Rogueira é o primeiro bosque en España en certificar a súa biodiversidade. Recomendámosvos seguir os roteiros de Naturezaula a través da súa páxina web. Un exemplo perfecto de presentación e difusión das actividades deste completo e multidisciplinar proxecto ambiental, que xa conta con máis dunha década en Voz Natura.